Venres 29 Marzo 2024

Expertos de sete países analizan en Santiago o Dereito na Alta Idade Media

Expertos de sete países analizan en Santiago o Dereito na Alta Idade Media

Fronte á profunda renovación que se está producindo actualmente no medievalismo europeo no estudo tanto da xustiza como das normas que rexen o seu exercicio, xurdiu hai uns anos o proxecto PRJ – Procesos Xudiciais nas sociedades altomedievais. Un estudo comparativo a escala da Europa Occidental (s. IX-XI)’ no que, liderado por Isabel Castillo (CSIC), participa a Universidade de Santiago. Este grupo de traballo pretende incorporar novas fórmulas a unha investigación sobre o período altomedieval, a etapa na que resultan menos eficaces os enfoques institucionalistas predominantes.
Dada a escaseza e peculiaridades das fontes dese período, o proxecto xira en torno á formación dun corpus documental de procesos xudiciais nos reinos do norte peninsular na alta idade media, desde Galicia a Cataluña. Trátase de crear unha base de datos que posibilite estudos comparativos e que se porá a disposición do público a través da páxina web FMH (Fontes do Medievo Hispánico) do Instituto de Historia do CSIC.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo do CSIC logra controlar unha doenza causante da extinción dos anfibios

Os investigadores aplicaron un funxicida agrario sen observar trazas do produto nin efectos significativos na química e bioloxía da auga

Zendal lanza a primeira vacina de tecnoloxía ADN contra a leishmaniose canina

‘Neoleish’ reduce a presenza do parasito en máis dun 90% e mellora os signos clínicos da doenza

Un composto natural reduce o impacto da seca e mellora a produtividade do tomate

Un equipo do CSIC e da UPV descobre como actúa o butanoato de hexenilo, un aroma que emiten estas plantas para resistir ás bacterias

Como usar datos históricos para a conservación de especies: así é a nova metoloxía con pegada galega

A UVigo e o CSIC proban un método en escaravellos coprófagos ibéricos que permite comprender a súa resposta a cambios ambientais