Venres 19 Abril 2024

Estudantes de secundaria e bacharelato participan en ‘Stat Wars: o espertar dos datos’

Arredor de 400 estudantes de ensino secundario e bacharelato de distintos puntos da xeografía galega aprenderán este venres 17 como a estatística pode axudar a combater apidemias, estimar os índices de audiencias ou axudar a determinar as posibilidades de gañar a lotería no próximo sorteo de Nadal. Estas son algunhas curiosidades que terán a oportunidade de descubrir na xornada ‘Stat Wars: o espertar dos datos’, un evento que se vai celebrar no Teatro Principal de Santiago ás 11.00 horas presentado por Manuel Vicente García, condutor do programa Efervescencia da Radio Galega.

Stat Wars é unha iniciativa divulgativa que pretende transmitir a idea de que, ademais dunha profesión de futuro, a estatística pode ser unha ferramenta imprescindible en distintas disciplinas (medicina, economía, medio ambiente, xornalismo, …) para resolver situacións e problemáticas ás que hoxe en día se enfronta á sociedade. O proxecto lidérao o grupo interdisciplinar de Bioestatística da USC (GRIDECMB) que dirixe a profesora Carmen Cadarso Suárez en coordinación coa Universidade Carlos III de Madrid.

Publicidade

O equipo deseñou unha serie de actividades co formato de pílulas estatísticas a través das que poderán ver aplicacións directas da estatística en disciplinas actuais como os deportes, as redes sociais e o Big Data. Tamén participarán nos concursos ‘Lo sabe, no lo sabe’ e ‘Si ou Non’ cos seus correspondentes premios.

A iniciativa dispón do co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade e a colaboración da empresa Biostatech Sl, do Concello de Santiago, do programa Efervescencia da Radio Galega, do centro educativo En Clave Método Suzuki e do Espazo de Danza da USC. Ademais é unha actividade que se realiza noutros puntos da xeografía española a través dos distintos Nodos da Rede Nacional de Bioestatística (BIOSTATNET).

Para resolver calquera dúbida, as persoas interesadas poden contactar cos organizadores a través do correo electrónico proyecto.statwars@usc.es ou no teléfono 881.812.283. Tamén é posible atopar máis información en redes sociais, nomeadamente en Facebook  e Twitter .

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s

Unha tese galega demostra a viabilidade de reutilizar restos vinícolas e pesqueiros no país

Antonio Cortés avaliou a sustentabilidade das estratexias de valorización de residuos orgánicos, alén de estudar a ecoeficiencia dos procesos