Sábado 20 Abril 2024

Estudantes de 15 países avalían en Santiago os contaminantes en augas residuais

Estudantes de 15 países avalían en Santiago os contaminantes en augas residuais

Un grupo de 30 estudantes de quince países participa esta semana en Santiago nunha escola de verán sobre presenza, tratamento e impacto económico de microcontaminantes en augas residuais que organizan as profesoras Maite Moreira e Marta Carballa, do Departamento de Enxeñaría Química.
O encontro que se desenvolve na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) ten como finalidade avaliar a presenza de microcontaminantes en augas residuais, determinar as emisións de gases​ de efecto invernadoiro, analizar tecnoloxías de tratamento e valorar os seus impactos ambientais segundo o concepto de análise de ciclo de vida e avaliación económica. A organización comprende clases teóricas, seminarios, clases de laboratorio e una visita técnica á Edar Tui-Guillarei.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As augas residuais de Santiago revelan menor consumo de cocaína pero un rápido aumento de MDMA

A capital galega tamén está no top 20 de cidades europeas auditadas que máis cannabis consomen

Un equipo galego participará na creación de alimentos a partir de augas depuradas

Un proxecto europeo desenvolverá un sistema acuapónico que combina a acuicultura tradicional co cultivo de plantas en augas rexeneradas

Un investigador galego demostra que a psicoloxía inflúe na reutilización de augas residuais

O subconsciente da cidadanía incide no proceso de decisión para escoller esta solución tecnolóxica fronte a escaseza de auga

Minidepuradoras especializadas: a proposta galega fronte aos contaminantes emerxentes

O proxecto Presage, no que participa a USC, proba en Porto do Molle plantas máis pequenas e económicas que aproveitan o potencial enerxético das augas negras