Foto de familia do acto desta mañá na facultade de Matemáticas. Foto: USC.

Foto de familia do acto desta mañá na facultade de Matemáticas. Foto: USC.

Estudantes de Ames, Cabana e A Baña, na final dun concurso estatal de investigación

Alumnos e alumnas de tres centros de Cabana de Bergantiños, A Baña e Ames representarán a Galicia na fase estatal do concurso “Incubadora de Sondaxes e Experimentos“, convocado pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación Operativa (Sgapeio) coa colaboración da Facultade de Matemáticas da USC, a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Galego de Estatística.

Estes estudantes participarán no certame que terá lugar en Oviedo entre o 28 e 30 deste mesmo mes. Na mañá deste luns coñeceron os resultados do concurso na facultade de Matemáticas da USC.

Na categoría 1º e 2º da ESO o gañador foi o traballo ‘Por qué á miña nai non lle gusta o chocolate branco?’ do CPI San Vicente da Baña, titorizado por Paula Blanco. Recibiron mencións especiais ‘O Mundo, a casa de todos’, do IES número 1 de Ribeira, con Trinidad Pazos e Olga Simón como titoras, e ‘¿Hai máis alérxicos no século XXI?’, do Colexio Apostol Santiago, con Isabel Hernández como profesora responsable.

Entre os traballos de 3º e 4º da ESO mereceu o galardón o proxecto ‘Amigos si, pero… a vaquiña polo que vale?’ do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños, titorizado por Milagros Dieguez.

Na categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio, o gañador foi ‘Machismo na sociedade ¿Somos realmente as novas xeracións menos machistas?’ do Colexio Alca (Ames), con Mónica Fandiño como titora. Houbo tamén unha mención especial para ‘Como é o consumo de produtos transxénicos na sociedade?’ do mesmo colexio de Ames, e titorizado por José María Villarino.

O xurado desta sétima edición estivo presidido por Tomás Cotos Yáñez , vicepresidente da SGAPEIO, sendo secretaria Mª Jesús Casado Barrio, do IES Daviña Rey de Monforte de Lemos. Como vogais actuaron Concepción Miguele Arrizado, do Instituto Galego de Estatística; Indalecio Cabana Leira, da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Covadonga Rodríguez-Moldes Rey, do IES de Mugardos; e Mª José Ginzo Villamayor, da USC e membro da actual executiva da SGAPEIO.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.