‘Escépticos en el pub’ abre unha nova tempada en Santiago cunha charla sobre vacinas

‘Escépticos en el pub’ abre unha nova tempada cunha charla do médico Vicente Baos, un dos principais impulsores da campaña #NoSinEvidencia, que nos falará de como analizar críticamente as vacinas e da súa importancia capital na prevención das enfermidades infecciosas. Baos é médico de familia no Centro de Saúde de Collado Villalba (Madrid). É membro da rede de expertos da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios e da European Medicines Agency. Na rede edita o blogue El Supositorio e é membro do Círculo Escéptico.

Escépticos en el pub‘ é unha actividade que segue a tradición dos ‘clubes de escépticos’, nos que científicos e público en xeral reúnense en locais para escoitar charlas de expertos sobre asuntos de ciencia e actualidade, moitas veces relacionados coa polémica. En Santiago van celebrarse o derradeiro venres de cada mes no local ‘Airas Nunes‘ (rúa do Vilar, 17), ás 21.00 horas e con entrada libre.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.