Cartel sobre o debate do ciclo de Encontro de Xoves de Lúa Chea

Cartel sobre o debate do ciclo de Encontro de Xoves de Lúa Chea

Os Encontros de Xoves de Lúa Chea analizan a mobilidade urbana

O programa de debate sobre cuestións de actualidade, Encontros de Xoves de Lúa Chea, organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego, celebra o xoves 20 de abril, a partir das 20:00 horas, un novo coloquio na cafetería da Escola Politécnica Superior (EPS) do Campus Terra da USC. A entrada é libre e de balde para todo o público.

Baixo o título “A mobilidade na cidade”, o profesor da EPS, Francisco Javier López González, fará unha introducción sobre o tema do coloquio, no que intervirán como relatores os enxeñeiros e docentes Alberte Castro Ponte e Pablo Fuentes Faílde.

A organización e regulación dos desprazamentos das persoas que a diario se moven pola cidade e os intereses e propostas destes colectivos, serán algúns dos asuntos sobre os que tratará esta nova edición.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.