Xoves 28 Marzo 2024

Educación concede 2 millóns en axudas a catro agrupacións estratéxicas das tres universidades

Educación concede 2 millóns en axudas a catro agrupacións estratéxicas das tres universidades

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de adxudicar 4 axudas a agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia (SUG) co fin de que conten con financiamento estrutural para desenvolver investigación de alto nivel en campos estratéxicos para Galicia. A resolución sae publicada hoxe no DOG e pode consultarse no seguinte enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151105/AnuncioG0164-281015-0001_es.html.
O obxectivo último pasa por consolidar un sistema investigador con capacidade de liderado, estabilidade e dimensión necesaria para desenvolver o seu traballo a longo prazo en áreas prioritarias para a Comunidade galega.
Segundo explicou a Xunta, as axudas para agrupacións estratéxicas van dirixidas a impulsar unha contorna axeitada e atractiva para o desenvolvemento da actividade científica no eido universitario, fomentando estratexias de cooperación “supragrupo” que permitan incrementar tanto a calidade das actuacións en I+D como a capacidade de asumir novos retos favorecendo a agrupación de capacidades. A axuda prevé un importe de 500.000 euros en tres anualidades para cada unha das agrupacións seleccionadas.
En total presentáronse 9 propostas distintas das que, tras un exhaustivo proceso de avaliación, foron seleccionadas as 4 gañadoras. En todo caso, as que non obtiveron esta axuda contarán coa estabilidade necesaria para seguir desenvolvendo o seu traballo, profundando na súa eficiencia a fin de poder concorrer con maiores garantías a vindeiras convocatorias. Entre as agora seleccionadas, dúas delas pertencen á Universidade de Santiago de Compostela (USC), unha á Universidade da Coruña (UDC) e outra á Universidade de Vigo (UVigo). Ademais, abranguen distintas áreas de coñecemento.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un traballo da UDC sobre investigación básica en epilepsia gaña o Epiforward 2024

O equipo conseguiu reducir a actividade cerebral grazas á aplicación de campos magnéticos en áreas concretas do cerebro

Galicia notifica 10 mortes ao día por consumo de tabaco

A investigadora da USC Julia Rey Brandariz constata na súa tese que a comunidade galega é a duodécima que máis falecementos rexistra por esta substancia

Científicos galegos participan no primeiro mapa español de bacterias resistentes aos antibióticos

A base de datos en liña proporciona o perfil xenómico de 461 cepas, procedentes de 41 hospitais situados en 13 rexións de España

O aire en Europa é o máis seco dos últimos 400 anos

Unha investigación demostra que, desde principios do século XXI, se está a producir un desecamento xeralizado debido á actividade humana