.

.

A nova Regueifa de Ciencia: ‘ Hai que permitir a edición xenética en humanos?’

Expertos internacionais en bioloxía, medicina e biotecnoloxía participarán o 14 de decembro no debate en Santiago de Compostela

As novas posibilidades que ofrecen as técnicas de selección e edición xenética, como o caso de CRISPR, abren un enorme campo de investigación científica, pero tamén un intrincado debate ético e moral polas súas posibles consecuencias. Sobre esta cuestión (“Debemos permitir a edición xenética de embrións humanos?) xirará a nova edición das Regueifas de Ciencia, que terá lugar o 14 de decembro na Facultade de Comunicación da USC. A actividade, de acceso libre e gratuíto, está financiada pola Fundación Española de Ciencia y Tecnología (Fecyt).

Os poñentes

Nesta ocasión falarán catro expertos internacionais no eido da bioloxía, a medicina e biotecnoloxía. Pola parte a favor da edición xenética en embrións estarán Anna Veiga, bióloga catalana experta no estudo de células nai e reprodución asistida, e Rita Vassena, directora científica da clínica Eugin, especializada en reprodución asistida. Enfronte estarán Lluís Montoliu, científico do Centro Nacional de Biotecnología do CSIC, e César Nombela, catedrático de Microbioloxía da Universidad Complutense de Madrid.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.