Venres 19 Abril 2024

Dúas investigadoras de Telecomunicacións dirixen en Abu Dhabi un taller sobre redes sen fíos

Dúas investigadoras de Telecomunicacións dirixen en Abu Dhabi un taller sobre redes sen fíos

WiMob, un dos congresos de referencia no campo das comunicacións móbiles a nivel internacional, terá, por segundo ano consecutivo, representación da Universidade de Vigo e, máis concretamente, do Centro de Investigación AtlantIC que, a través do Grupo de Tecnoloxías da Información, é o encargado de organizar o II Workshop on Cooperativa Wireles Networks, CWN2015, un taller internacional que se celebra ao abeiro deste congreso e que, dirixido a profesionais dos cinco continentes, servirá de escaparate para amosar as últimas ideas e contribucións no ámbito das redes sen fíos cooperativas, unha das claves para o progreso do denominado ‘internet do futuro’.
Se o ano pasado a a cita foi en Chipre, nesta ocasión o encontro celebrarase na cidade de Abu Dhabi, capital dos Emiratos Árabes Unidos, do 19 ao 21 de outubro e da súa organización estanse a encargar as profesoras da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Cristina López Bravo e Beatriz Lorenzo Veiga, xunto aos profesores da Universidad Politécnica de Cartagena, Antonio Javier e Felipe García Sánchez.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un algoritmo cuántico para optimizar redes de telecomunicacións

O operador galego R desenvolveu con CINFO e o seu socio tecnolóxico Kipu Quantum un proxecto para estudar a resiliencia da súa rede de fibra óptica

A encrucillada tecnolóxica: fragmentar a nosa pegada dixital para preservar a privacidade

Investigadores de atlanTTic traballan no deseño de algoritmos que diferencien datos e garantan a confidencialidade sen perder información útil

Estudantes da UVigo, finalistas nun proxecto da Axencia Espacial Europea

O proxecto Caminito propón utilizar a constelación de satélites Copernicus para mellorar a xestión e coidado do Camiño de Santiago

Un robot gardián no campus de Vigo: a proba piloto dunha rede 5G ultraavanzada

A Universidade participa no impulso dunha tecnoloxía única en Europa, con latencia moi baixa e extrema velocidade na fluidez dos datos