O científico Diego Peña Gil. Foto: CiQUS.

O científico Diego Peña Gil. Foto: CiQUS.

O químico galego Diego Peña, premiado coa Medalla Ignacio Ribas 2018

A medalla recoñece as traxectorias ascendente nos últimos cinco anos dos científicos especializados en Química Orgánica

Menos de dúas semanas despois da publicación dun traballo sobre o grafeno nas páxinas nas revistas Science, o científico do CiQUS Diego Peña Gil, profesor titular do Departamento de Química Orgánica na USC, consegue un novo recoñecemento. A Real Sociedade Española de Química, a través do seu Grupo Especializado de Química Orgánica (GEQOR), acaba de conceder a Peña a Medalla Ignacio Ribas, que premia a químicos socios do GEQOR que presenten unha traxectoria ascendente nos últimos cinco anos.

“Supón unha gran satisfacción recibir un recoñecemento así”, afirma Peña Gil. “Diría mesmo que para alguén coma min é unha honra aínda maior por tratarse dun premio asociado á memoria de Ignacio Ribas, un dos pioneiros da Química Orgánica en España, que achegou tantas cousas traballando desde nosa mesma institución, a USC”. O profesor Diego Peña quixo tamén poñer de relevo a súa satisfacción por ser incluído na lista de investigadores premiados: “É un orgullo que os meus colegas me tiveran en conta á hora de incluírme nun grupo tan prestixioso”, asegura.

É a terceira vez nos últimos seis anos que a medalla recae nun investigador do CiQUS, tralos recoñecementos a Carlos Sáa (2012) Juan Granja (2014). A entrega da medalla realizarase durante a celebración da XXVII Reunión Bienal do GEQOR, que se celebrará en Santiago de Compostela do 20 ao 22 de xuño de 2018.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.