Diego Conde Gómez.

Diego Conde Gómez.

O galego Diego Conde ingresa na Real Academia de Veterinaria de España

O investigador ourensán, autor de traballos sobre a historia da veterinaria e a gandería en Galicia, dará o seu discurso de ingreso o 22 de xaneiro

O investigador galego Diego Conde Gómez (Ourense, 1977), foi elixido como académico correspondente da Real Academia de Ciencias Veterinarias de España. Conde, autor de varios traballos sobre a historia da veterinaria e a gandería en Galicia, realizará o seu discurso de ingreso o vindeiro 22 de xaneiro. A súa intervención, que levará por título Cuestiones sobre la mala leche, “versará sobre a importancia que tivo a profesión veterinaria na mellora hixiénico-sanitaria do leite en España”, segundo explica o novo académico.

Conta Conde que “no século XIX, cando o consumo de leite empeza a ser importante e xorde a necesidade da súa regulación. Ao longo do discurso intentarase amosar o desenvolvemento cronolóxico da inspección do leite en España e os esforzos deses primeiros inspectores veterinarios, para lograr as mellores condicións hixiénicas do leite comercializado”, poñendo en valor “o traballo que a profesión veterinaria fai a prol da calidade alimentaria e a súa repercusión na sociedade”.

Diego Conde Gómez é doutor en Veterinaria pola USC, coa tese “Veterinaria e mellora pecuaria na Galicia contemporánea: o papel de Juan Rof Codina”. En 2013 recibiu o premio Manuel Murguía de Ensaio pola obra Canto val unha vaca? e en 2015 publicou en Xerais a biografía de Juan Rof Codina, recoñecido co premio Jesús García Calvo e finalista dos Premios da Crítica de Galicia en 2016.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.