Deputación e USC renovan o seu plan de choque a prol do campus de Lugo

Deputación e USC renovan o seu plan de choque a prol do campus de Lugo

A USC e a Deputación Provincial de Lugo acordaron dar continuidade en 2016 ao plan de choque a prol do campus de Lugo con 350.000 euros, segundo adiantou o presidente Darío Campos Conde ao reitor da USC, Juan Viaño, no marco dunha reunión celebrada no Pazo de San Marcos e na que tamén participou o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno.

As dúas institucións manterán as colaboracións que ata a data contaban con financiamento da Deputación Provincial no campus de Lugo, ao tempo que estudan intensificar novas vías de cooperación para o vindeiro ano 2016. Deputación e USC asinaron no 2014 un protocolo de colaboración para a posta en marcha dun plan de choque a prol do campus de Lugo logo de constatar unha progresiva perda de alumnado durante a última década.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.