Venres 19 Abril 2024

Coloquio sobre a industria forestal no Campus de Lugo

Un foro de debate sobre a industria forestal pecha este venres, a partir das 12.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, o ciclo de conferencias sobre temática forestal promovido polo profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC na Pablo Vila Lameiro co gallo da celebración dos 25 anos da implantación desta titulación de  Enxeñaría Técnica Forestal en Galicia.

O director de Ordenación Forestal, Enerxía e Celulosa do Grupo Ence, Alejandro Oliveros García, abrirá a quenda de intervencións programadas nesta sesión, que estará moderada por Pablo Vila Lameiro e na que tamén participarán como relatores Ana Oróns Mata, secretaria de Confemadera Hábitat Galicia, e o enxeñeiro de Montes Jesús Sánchez Rocha.

Publicidade

Este coloquio servirá de colofón do ciclo de conferencias sobre o sector forestal desenvolvido ao longo do último mes na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC e no marco do que distintos relatores trataron asuntos relativos a sanidade vexetal, paisaxismo, ordenación do territorio e industria forestal.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'

A resistencia térmica dalgúns materiais pódese regular aplicando unha voltaxe

Un traballo do CiQUS abre novas posibilidades para o deseño de reguladores de temperatura e para o desenvolvemento de tecnoloxías máis eficientes e sostibles

Coidar a saúde e o medio ambiente: dúas razóns para incluír pescado azul na nosa dieta

A nivel mundial, el consumo anual per cápita de peixe nos últimos 50 años case se duplicou, cun crecemento exponencial en países como China