turismo cervexa artesá

Curso no campus de Ourense sobre turismo relacionado co viño, cervexa e sidra artesás

A produción de bebidas artesanais e ecolóxicas, como a cervexa ou a sidra, é un fenómeno en alza que intenta dar resposta á cada vez maior demanda por parte dos consumidores de experiencias de calidade, diferentes e únicas. Co desenvolvemento destes sectores xorden tamén novas oportunidades de negocio en diferentes eidos. Un curso de extensión universitaria organizado desde a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense afondará na potencialidade turística destes novos produtos tendo en conta o desenvolvemento en Galicia do turismo enolóxico, o turismo relacionado co viño.

O curso, que leva por título Turismo baseado na cultura da produción tradicional do viño, da cervexa e da sidra. Experiencias únicas en lugares singulares, está organizado polos docentes do centro José Antonio Fraiz e Noelia Araújo. “Nos últimos tres anos no Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde organizamos unhas xornadas centradas nos recursos turísticos asociados á sidra. Ante a demanda que tiñan, este ano decidimos convertelo nun curso de extensión universitaria, aberto a toda a comunidade universitaria e á cidadanía en xeral”, comenta Noelia Araújo. Con 50 prazas dispoñibles, a iniciativa desenvolverase do 19 ao 21 de setembro en Ourense, Allariz e A Estrada, en Pontevedra.

O punto de partida do curso, explican os seus coordinadores, é o turismo enolóxico, “que en Galicia xa ten tradición e que se caracteriza por ser un turismo experiencial, moi sensorial e emocional”. Dentro deste eido, apuntan, “entre as últimas novidades están as experiencias turísticas vinculadas a sectores como a produción de sidra e a cervexa a pequena escala e de xeito artesanal e/ou ecolóxico”. “Hai segmentos de turistas que buscan sempre cousas novas, que lle sorprendan, e que estean fóra do turismo de masas. Para eles o turismo debe innovar continuamente, estar sempre alerta buscando novas fórmulas”, sinala a investigadora Noelia Araújo.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.