Venres 19 Abril 2024

Comeza na Coruña o Congreso Internacional de Estatística IWFOS

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, inaugurou este mércores, 15 de xuño, o International Workshop on Functional and Operatorial Statistics (IWFOS) que ten lugar na Fundación Barrié ata o sábado. O congreso, que reúne a un centenar de expertos en Estatística de 18 países, dos cinco continentes, está organizado polo grupo de investigación MODES, Modelización, optimización e inferencia estatística, da UDC coa colaboración de profesores da Università del Piemonte Orientale, Italia, e do Institut de Mathématiques de Toulouse, Francia.

Este congreso, que se desenvolve en inglés, organízase cunha periodicidade trianual, sendo as anteriores sedes, Stresa (Italia) Santander e Toulouse, Francia. Nestas citas preséntanse os últimos avances científicos no campo da Estatística para Datos Funcionais, unha área de investigación relativamente nova; nesta edición que organiza a UDC, amplíase a temática ademais aos campos relacionados cos datos funcionais como os Datos de Alta Dimensión e Big Data.

Publicidade

Esta edición do IWFOS está dedicada á memoria do profesor Peter Hall

A edición de 2017 do IWFOS está dedicada á memoria do profesor Peter Hall, recoñecido ata o día do seu prematuro pasamento (xaneiro 2016) como un dos mellores estatísticos vivos do mundo, autor de máis de 600 publicacións en revistas da máxima relevancia internacional. De entre os dez conferenciantes convidados, de moito prestixio internacional, intervirá Aurore Delaigle que dedicará parte da súa conferencia a falar sobre as investigacións nas que colaborou co Profesor Peter Hall. Máis información: http://iwfos2017.udc.es/

Que son os datos funcionais? Os datos funcionais son curvas, imaxes ou calquera outro obxecto matemático que varíe sobre un continuo. E a estatística para datos funcionais trata tanto de resumir e describir mostras de datos funcionais como de inferir propiedades do proceso que as xerou. Por exemplo, se rexistramos a demanda de enerxía eléctrica en todos e cada un dos instantes de tempo correspondentes a un día, temos un dato funcional (a curva diaria de demanda, sendo o intervalo de tempo [0,24] o continuo sobre o que varía a curva). Se a curva é observada ao longo de varios días consecutivos, temos unha mostra de datos funcionais; neste caso, unha serie de tempo funcional (o conxunto de curvas diarias consecutivas). A estatística para datos funcionais poderíase utilizar para tratar de desentrañar a relación que hai entre ditas curvas. Entón, unha vez comprendida dita relación, podería utilizarse para inferir cal será a curva de demanda de mañá se coñecemos cales foron as curvas de demanda ata o día de hoxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UDC patenta un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI crean unha tecnoloxía non invasiva e de baixo custo para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas da columna

A toxoplasmose é un factor de risco para o envellecemento inflamatorio nos maiores

Un estudo da UDC demostra que as persoas cunha resposta de anticorpos máis forte á infección tiñan máis probabilidades de ser fráxiles

A UDC coordina o primeiro sensor automático en detectar zoonoses a escala mundial

O proxecto está liderado polo grupo do investigador Alejandro Criado. Chámase FLUFET e identifica un amplo espectro de obxectivos virais

Os investigadores galegos da trama saudita cobraron da empresa do intermediario dos árabes

Os dous empregados do Centro da Carne, cunha desenfreada produción científica, inscribíronse na universidade Rei Abdulaziz pese a desenvolver a súa carreira en Galicia