‘Os pecados da carne’, unha xornada científica do Consello da Cultura Galega

Os pecados da carne logo da sentenza da OMS

Un sobresalto no mundo científico e dende logo na mesa: un comunicado difundido pola Organización Mundial da Saúde clasificou a finais de outubro como canceríxenas as carnes procesadas e deixaba baixo sospeita as carnes vermellas. Dende aquela a polémica está servida, xa non só polas conclusións do informe, pendente aínda de conclusións finais, senón tamén polos problemas na divulgación dunha nova científica que afecta a cuestións tan sensibles como a cultura alimentaria. A sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega contribuirá tamén ao debate cunha xornada informativa coordinada por Ángel Carracedo e Rafael Tojo o vindeiro 23 de outubro que reunirá a xornalistas científicos como Antonio Ron ou profesores de Medicina como Alberte Ruano. Baixo o nome Os pecados da carne? Vantaxes e problemas da dieta cárnica, a xornada pretende axudar a dixerir as consecuencias e límites do mediático veredicto.

Máis información no seguinte enlace:

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.