Aneis arbóreos de crecemento dun tronco de pino. Foto: CSIC.

Aneis arbóreos de crecemento dun tronco de pino. Foto: CSIC.

Conferencia en Santiago sobre os sistemas forestais en Galicia

A catedrática de Edafoloxía Rosa Calvo de Anta falará este mércores na Facultade de Filosofía da USC

A catedrática de Edafoloxía e química agrícola da USC Rosa Calvo de Anta impartirá este mércores 11 ás 19.00 horas no Salón de actos da Facultade de Filosofía da USC a conferencia ‘Galicia e os sistemas forestais: unha ecuación complexa’, convidada por Alumni USC.

Na súa intervención falará das relacións do medio natural de Galicia e as aptitudes do territorio para diferentes usos agronómicos, enfatizando as alternativas forestais, a influencia de diferentes especies arbóreas, os bosques naturais e os sistemas forestais de produción. Tratará tamén as principais ameazas dos bosques nun contexto mundial e as políticas adoptadas en Galicia, España e Europa.

Rosa Calvo de Anta, profesora na Facultade de Bioloxía e na ETSE, é autora de máis de cen artigos científicos e de diversos libros, entre outros o titulado El eucalipto en Galicia. Su relación con el medio natural.

Ao longo de máis de corenta anos desenvolveu varias liñas de investigación dedicadas á tipoloxía dos solos de Galicia, a súa avaliación e aptitudes para diferentes usos, o solo como sumidoiro de carbono e os solos forestais e a influencia das diferentes especies arbóreas nas súas propiedades. Foi ademais responsable da elaboración do mapa de solos de Galicia editado pola Xunta de Galicia en formato dixital e papel. No ámbito da contaminación e recuperación de solos destaca o deseño do plan de recuperación da conca do Guadiamar tras o desastre ecolóxico de Aznalcóllar.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.