Emilio Fernández. Foto: UVigo.

Emilio Fernández. Foto: UVigo.

Conferencia sobre o cambio climático no Centro Universitario de Riazor da UDC

Emilio Fernández Suárez, director do Campus do Mar da Universidade de Vigo, falará no acto, organizado pola Oficina de Medio Ambiente

O Centro Universitario de Riazor, CUR, da Universidade da Coruña acollerá mañá, martes, 6 de marzo ás 19:00 horas a conferencia “Cambio climático: un desafío global e local”, de Emilio Fernández Suárez, director do Campus do Mar. Esta actividade, de acceso libre e que se desenvolverá no salón de actos do CUR, está organizada pola Oficina de Medio Ambiente da UDC como parte do curso Educando para a Sustentabilidade.

Emilio Fernández Suárez é experto en Ecoloxía Mariña e cambio climático. Director do Campus do Mar; Doutor pola Universidade de Oviedo, realizou traballos postdoutorais no Laboratorio Marítimo de Plymouth do Reino Unido e na Escola de Ciencias Mariñas e Atmosféricas de Rosenstiel de EE. UU. Incorporouse ao Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC e posteriormente accedeu a unha praza de Profesor Titular de Ecoloxía na Universidade de Vigo. Desde 2011 é Catedrático de Ecoloxía desa Universidade.

A súa actividade investigadora centrouse na área de Ecoloxía Mariña, en particular, no estudo das respostas dos ecosistemas aos cambios ambientais de escala global. As súas investigacións recóllense en máis de 146 traballos publicados e nove Teses de Doutoramento.

Ocupou o cargo de Director Xeral de Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, onde coordinou a elaboración e posta en marcha do Plan Galego de loita contra o Cambio Climático (2008), campo no que adquiriu unha ampla visión dos aspectos relacionados coa mitigación e adaptación a escala rexional, estatal e internacional, ao actuar como membro da delegación española en varios dos cumios mundiais sobre o clima. Coordinou a elaboración e publicación en 2009 do libro ” Evidencias e impactos del cambio climático en Galicia “. Na actualidade, compatibiliza a súa actividade investigadora e docente coa dirección do Campus de Excelencia Internacional “Campus do Mar”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.