.

.

Conferencia na UDC sobre a relación entre os humanos e as plantas

A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña, en colaboración coa Asociación de la Prensa da Coruña e a Deputación da Coruña, continúa este xoves coas sesións do ciclo de conferencias “Ciencia exPress”. A iniciativa procura explicar temas de actualidade científica de forma rigorosa e amena da man de expertos da UDC. A terceira conferencia deste ciclo será este xoves, 25 de xaneiro, ás 20:00 horas na Sala de Prensa da Reitoría (A Maestranza). O profesor da área de Fisioloxía Vexetal da UDC, Federico Pomar Barbeito intervirá coa conferencia “De plantas, arados, xenes e drones”, na que repasará algúns dos aspectos máis curiosos da vida das plantas, vendo como as persoas as modificaron para o seu beneficio e anticipando as perspectivas de futuro.

Federico Pomar Barbeito é doutor en Bioloxía pola Universidade da Coruña e desde 2007 é profesor da área de Fisioloxía Vexetal desta Universidade. Con anterioridade foi investigador no CSIC e no CIAM-Ingacal, centro dependente da Xunta de Galicia. A súa actividade investigadora centrouse en aspectos evolutivos da lignificación e o papel que xogan as peroxidasas vexetais de secreción neste proceso. Liderou proxectos de investigación de carácter autonómico e nacional, establecendo numerosas colaboracións con universidades e centros de investigación tanto españois como estranxeiros.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.