Venres 19 Abril 2024

Conferencia en Santiago do profesor emérito da USC Alberto Arce

O profesor emérito da USC Alberto Arce ofrece este mércores 26, ás 19.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Farmacia, a conferencia ‘As fontes de enerxía e  a súa situación en España’, organizada por Alumni USC.

O profesor Arce foi director do Departamento de Enxeñaría Química durante 11 anos en varios períodos na Facultade de Química e na Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Tamén foi coordinador de Tecnoloxía Química da Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP) desde 1980 a 1993 e membro das ponencias da Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía (CICYT) durante varios anos máis.

Publicidade

Foi representante español no Working Party of Applied Thermodynamics da Federación Europea de Enxeñería Química e membro do Steering Committee do European Symposicum of Applied Thermodynamics.

Dirixiu e co dirixiu 25 teses doutorais e máis de 60 proxectos de fin de carreira ademais dunha vintena de tesinas. Coordinou o grupo de investigación HI-1616 da USC e participou en 23 proxectos de investigación autonómicos, nacionais e europeos. No seu haber conta con 200 traballos publicados, dos que 183 están indexados na WOK.

En 2015 recibiu a Insignia de Ouro da USC e en 2016 a Encomenda da Orde de Alfonso X O Sabio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'