Marte-02

Conferencia do astrofísico Borja Tosar hoxe en Santiago: ‘Pode facerse Marte habitable?’

O descubrimento de seis exoplanetas moi similares á Terra abre as portas a novos estudos e teorías sobre unha hipotética vida fóra do noso planeta. Precisamente sobre esta cuestión intervirá este martes 14 o astrofísico Borja Tosar nunha charla en Bioloxía. Ás 20.00 horas na Aula Magna do centro, este divulgador científico falará da terraformación de Marte ou como se podería facer habitable ese planeta.

Borja Tosar é máster en Astronomía e Astrofísica pola Universidade de Valencia e Máster en Comunicación Científica. Dedicado á detección de exoplanetas  desde o Observatorio Astronómico de Forcarei e á medición de contaminación lumínica desde o planetario da Coruña, Tosar é coñecido polas súas famosas postais planetarias.

2 respostas a “Conferencia do astrofísico Borja Tosar hoxe en Santiago: ‘Pode facerse Marte habitable?’”

  1. Valentín Estévez

    Bo día,

    Dende a asociación Scienceffect desexaríamos ampliar a información que se da neste artigo (dando de paso as grazas pola excelente crónica que se fixo da charla), xa que fomos nós os que organizamos esta charla en colaboración co Decanato da Facultade de Bioloxía. Deixo aquí o noso link web para quen queira saber mais.

    Un cordial saúdo e felicidades por este grandísimo proxecto de divulgación de actos científicos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.