Comezan en Santiago as NerdNites con charlas sobre submisión química, luz cuántica e Tintín

Comezan en Santiago as NerdNites con charlas sobre submisión química, luz cuántica e Tintín

Van xa catro anos nos que a noite de Santiago se converte nun espazo que mestura diversión e ciencia. Con este propósito, as NerdNite SCQ volven esta semana, comezando o curso, con tres charlas sobre submisión química, luz cuántica e Tintín.

Será este xoves 1 de outubro ás 21.30 horas no Café Casino (Rúa do Vilar, 35) cando o técnico en prevención de drogodependencias do concello de Catoira e profesor asociado da Universidade de Vigo Manuel Isorna Folgar fale de submisión química, binge drinking e drogas facilitadoras do asalto sexual. A continuación, o investigador Ramón y Cajal do grupo de óptica física da Universidade de Vigo Ángel Paredes Galán explicará cómo transmitir segredos con luz cuántica. Como colofón, o director da Oficina Web da USC, Pedro Rey Sanchíz, dará as claves do famoso ‘caso Tornasol’ na banda deseñada.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.