Ireland_(MODIS)

Comeza un seminario comparado da sociedade e o territorio de Galicia e Irlanda

Amosar as posibilidades para o estudo comparado da sociedade e o territorio de Galicia e Irlanda é o obxectivo do seminario que o 10 de marzo terá lugar na Facultade de Filosofía organizado polo Departamento de Xeografía, o Gist (Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio-Novos Medios da USC) e a Asociación Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información AISTI. Trátase de abrir un foro de debate sobre temas centrais de interese estratéxico para Galicia como son o suicidio demográfico, a planificación territorial e o uso das TIC nas universidades.

O seminario vai  dirixido as estudantes, investigadores e docentes da USC ou calquera persoa interesada en Irlanda e na Europa Atlántica, que deberán inscribirse previamente enviando un correo a gist-formacion@usc.es co seu nome completo, enderezo electrónico, estudios e situación profesional.

No encontro, o profesor Patrick O’Flanagan, da University College Cork de Irlanda, responderá á interrogante de por qué Irlanda é o país europeo con maior dinamismo demográfico, mentres que o profesor da mesma universidade Xoán Paredes establecerá comparacións entre Galicia e Irlanda no tocante á ordenación territorial. Ademais, o profesor da USC Carlos Ferrás reflexionará sobre o cambio social e económico de Irlanda nos últimos 30 anos a partir de imaxes e cartografía seleccionada e a profesora Mariña Pose comparará o uso das TIC nas universidades de Cork e Santiago. Rematará a sesión cunha mesa de debate na que se analizará a maneira cómo se investiga e estuda en Irlanda.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.