Venres 19 Abril 2024

O Campus Terra levará á universidade a estudantes de secundaria co ciclo ‘Ciencia para novos investigadores’

A Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC botou a andar este xoves 11 unha nova edición do ciclo ‘Ciencia para novos investigadores’, un programa de estímulo de vocacións científicas entre o estudantado de ensino medio impulsado polo persoal do centro universitario lugués. Con el, uns 450 estudantes de ensino secundario de 11 centros educativos da provincia de Lugo coñecerán a oferta formativa da Facultade e poderán desenvolver sesións prácticas nos seus laboratorios.

O programa pretende ser un “estímulo de vocacións científicas” para os 450 estudantes que participarán

O programa de visitas desenvolverase de xeito continuado as mañás do 11 ao 24 de xaneiro. A elevada demanda de centros educativos para participar neste programa propiciou que a Facultade de Ciencias abrira unha nova quenda de visitas de escolares do 21 ao 24 de maio.

Publicidade

As distintas sesións presentan unha estrutura semellante: logo dun breve acto de benvida, que estará guiado polo decano da Facultade de Ciencias, José Manuel Martínez Ageitos, e no que tamén intervirán os coordinadores das titulacións de grao impartidas na facultade (Enxeñería de Procesos Químicos Industriais e Nutrición Humana e Dietética), distintos profesores e persoal do centro conducirán sesións prácticas nos laboratorios, onde os estudantes preuniversitarios poderán realizar os seus propios experimentos.

Alumnos de 4º curso de ESO do Colexio Maristas-A Inmaculada de Lugo abriron este xoves 11 esta nova edición, que nos seguintes días e ata o 24 de xaneiro terá como protagonistas estudantes de ensino secundario do IES Basanta Silva de Vilalba, IES A Pinguela de Monforte, CPI Ramón Piñeiro de Láncara, IES Sanxillao, IES Lucus Augusti, Colexio Divino Maestro e IES Ollos Grandes. Xa en maio participará alumnado de último curso da ESO do IES Ánxel Fole, Colexio Padres Franciscanos e Colexio San José.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas
00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC