.

.

Charlas de xóvenes matemáticos na USC

"Habelas, hainas, queremos contarchas!" é unha iniciativa para divulgar e normalizar o uso do galego nas Matemáticas

A Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC acolle este xoves 9 de novembro, a partir das 16 horas, “Habelas, hainas, queremos contarchas!” unha serie de breves charlas impartidas por mozos e mozas investigadores da facultade. O obxectivo é achegar “dun xeito desenfadado e sinxelo” sobre para que se empregan e que son as Matemáticas.

Entre outros asuntos, falarase da relación desta ciencia coa astronomía, o desprazamento de/en fluídos, os sistemas monetarios, a criptografía e a comunicación, os apelidos e movementos poboacionais, os problemas de medición de curvas ou o recoñecemento de falas.

A actividade, enmarcada nas celebracións do mes da Ciencia en Galego, será integramente no noso idioma, e servirá para normalizar o uso do galego nas matemáticas. A actividade é de acceso libre e gratuíto, aínda que por motivos de organización, desde a Facultade recomendan formalizar a inscrición na seguinte ligazón.

O programa:

“A danza da gravidade: estrelas dobres e planetas extrasolares” (Pedro Pablo Campo Díaz).

“Matemáticas doutra Galicia” (Jorge Losada Rodríguez).

“Mergullándose coas matemáticas” (Saray Busto Ulloa).

“Money, money, money” (Adrián Fernández Tojo).

“Segredos, espías e números primos” (Xabier García Martínez).

“E ti, de quen ves sendo? (María José Ginzo Villamayor).

“Medindo a curvatura” (Javier Valle Regueiro).

“#dimecomofalas e tuitéoche #deondees” (Laura Calaza Díaz).

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.