Venres 19 Abril 2024

Charla sobre golfiños e baleas, o mércores na Coruña

O Grupo Naturalista Hábitat organiza este mércores 27 de setembro un relatorio no que falará Alfredo López, fundador da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) e doutor en Bioloxía Mariña. A charla versará sobre 25 anos entre golfiños e baleas, en alusion ao traballo da Cemma, creada en 1992. Unha sesión que cobra interese despois dos últimos avistamentos de baleas azuis na ría de Muros e Noia e nas proximidades da Illa de Ons.

A sesión terá entrada de balde e aberta ao público, aínda que é preciso realizar unha inscrición previa que se pode completar nesta ligazón. Terá lugar no local social de Hábitat, na rúa Camariñas 8, baixo, ás 20.30 horas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As candorcas volven a Galicia e non se sabe o porqué: “Deberían chegar a finais do verán”

Os expertos detectan un cambio no comportamento destes cetáceos, que en primavera adoitan concentrarse no Estreito de Xibraltar
00:00:22

Ibai, Luceira e Lula: as tres tartarugas que vararan en Galicia volven ao mar

Despois de pasar por un centro de recuperación e expulsar todos os plásticos do tracto dixestivo poden regresar ao océano

“As toxicidades atraídas polos ‘pellets’ son unha ameaza para os animais mariños”

Dende a Cemma apuntan que o máis preocupante é o risco de afección que sofren os mamíferos acuáticos
00:00:25

Un lobo mariño na Coruña: "A chegada dunha femia adulta ás costas é inusual"

A Cemma segue a ruta deste exemplar dende o 30 de decembro, cando foi avistada en Burela