Xoves 18 Abril 2024

Charla de Casto Rivadulla sobre os mitos do cerebro

O profesor e investigador da Universidade da Coruña Casto Rivadulla será o encargado de impartir este xoves 22 a nova conferencia do ciclo ‘Ciencia Express‘, que organiza a unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC en colaboración coa Asociación de la Prensa da Coruña e a Deputación da Coruña. A sesión, aberta ao público xeral, que comezará ás 20 horas na sala de prensa da Reitoría da universidade, na Maestranza, leva por título “Só empregamos o 10% e outros mitos do cerebro”.

Segundo explican desde a UDC, na charla abordaranse algúns dos mitos distorsionados da neurociencia que acaban sendo asumidos pola sociedade, “dando lugar a medias verdades ou mentiras completas cunha apariencia de verosimilitude: usamos o 10 por cento do noso cerebro, temos un cerebro dereito (creativo) e un esquerdo (racional), poñendolle música ós nenos serán mais listos…”. Mitos “que a forza de repetirse rematan por converterse en verdade para una porcentaxe alta da poboación”

Publicidade

Casto Rivadulla é profesor de Fisioloxía na Universidade da Coruña. Investigador en Neurociencia. Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, becario Fullbright no MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts), actualmente membro do grupo de Neurociencia e control motor da UDC. Dedícase a comprender como os sistemas sensoriais codifican a información que lles chega do exterior para alcanzar a consciencia e ten participado en estudos relacionados coa enfermidade de parkinson ou os mecanismos implicados no soño.

Acumula tamén unha longa traxectoria de divulgación científica. Foi comisario da exposición “O mundo na túa cabeza” realizada en colaboración coa dirección xeral de I+D da Xunta de Galicia para conmemorar o centenario da concesión do premio Nobel a Santiago Ramón y Cajal (2006). Foi 2º premio no IV Certamen “Teresa Pinillos” de divulgación científica e humanística, Ensaya’08. Un dos creadores, organizadores, participantes dos cafés teatro científicos, unha das actividades de divulgación científica con máis éxito e repercusión dos últimos anos en Galicia, seleccionada por FECYT como “práctica inspiradora” para a divulgación da ciencia.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UDC patenta un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI crean unha tecnoloxía non invasiva e de baixo custo para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas da columna

Si, pódese crear acuarela con bacterias: a UDC impulsa a divulgación a través da arte

CICAGallery estrea a súa primeira edición con cinco artistas que convivirán con distintos grupos de investigación da universidade

Como medir as estrelas para revelar os misterios da Vía Láctea

Os investigadores do CITIC Xabier Pérez e Lara Pallas participan na misión Gaia, que pretende crear o maior mapa 3D da nosa galaxia

Unha científica galega secuenciará o xenoma da ‘herba de namorar’

A especie 'Armeria pungens' está presente nas illas Cíes, o único lugar de Galicia onde se pode atopar