por-que-estudar-astronomia-noticias

Castrelo de Miño acolle Astro Galicia, a festa das estrelas

Haberá observacións do ceo nocturno coa participación de seis asociacións astronómicas

A auténtica festa galega das estrelas xa está aquí. E ademais nun ano no que as condicións meteorolóxicas van ser moi favorables. Porque Astro Galicia é un evento de divulgación astronómica que celebra a súa oitava edición este fin de semana no Parque Náutico de Castrelo de Miño, coa colaboración de seis asociacións de afeccionados á astronomía de Galicia.

Segundo explica o físico e divulgador científico Dosi Veiga “ao longo de dous días coas súas noites teremos charlas didácticas, seminarios específicos, observacións astronómicas diúrnas e nocturnas e actividades divulgativas polo medio. Case todo o programa ten asistencia libre e son actividades para toda a familia”.

Entre os participantes en Astro Galicia haberá científicos de primeira liña, como Cristina Rodríguez López, astrofísica integrante do equipo que descubriu o planeta alfa Centauri B, o exoplaneta máis achegado a nós. Agora coordina o proxecto de ciencia cidadá RedPaleDot. Tamén estará Luís Cuesta, físico investigador no Centro de AstroBioloxía (INTA-CSIC) que falará da procura de vida marciana ou Javier acho explorador polar e escritor. Foi xefe da base científica antártica Juan Carlos I e responsable da Unidade de Cultura Científica do INTA. Dará unha charla sobre auroras, a conexión Terra-Sol e as exploracións polares.

Haberá observacións astronómicas con magníficos equipos dos que dipoñen os impulsores de Astro Galicia. E na web www.nauticocastrelo.com, asícomo en www.astromania.es están todos os datos desta importante cita para os afeccioados a astronomía en Galicia.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.