González Rey, entre Buján e De Benito, na Embaixada de España en Tokio. Foto: USC

González Rey, entre Buján e De Benito, na Embaixada de España en Tokio. Foto: USC

O Campus Terra reforza os seus lazos de investigación con Xapón

A decana da Facultade de Humanidades do campus de Lugo María Isabel González Rey acaba de completar unha estadía en Xapón ao abeiro do proxecto europeo Vía Láctea. A iniciativa, liderada polo centro universitario lugués, conta coa participación da Universidade do Minho -Braga- e as universidades xaponesas de Aichi (Nagoya) e Kanazawa. González Rey rematou a visita cunha recepción na Embaixada de España en Tokio na que participaron o embaixador Gonzalo de Benito, o conselleiro cultural e científico da embaixada José Antonio Ory e o secretario da mesma Javier Izquierdo Escobar.

A decana, que viaxou ao país asiático co técnico do Servizo de Relacións Exteriores da USC María Buján Prévot, aproveitou o encontro co embaixador para informalo dos contactos realizados durante a súa estadía en Xapón, así como o desenvolvemento do proxecto europeo Vía Láctea.

Os representantes da Embaixada de España en Tokio brindaron o seu apoio nas xestións que a USC está levando a cabo no país nipón, ao tempo que ofreceron a súa máxima colaboración cara a futuros proxectos. De Benito fixo especial fincapé no interese que ten Xapón para España, como o proba a recente visita realizada por Felipe VI e que se traduciu na sinatura de diversos protocolos de cooperación entre os dous países. José Antonio Ory ofreceu o seu total compromiso en relación aos estudantes universitarios que están actualmente residindo no país nipón, ao tempo que fixo un chamamento para que novos alumnos da USC se animen no futuro a realizar estadías de estudos en Xapón.

González Rey fai un balance moi positivo da súa estadía no país, na medida en que estima que esta visita abre á institución galega novas oportunidades para proxectos comúns coas universidades niponas. A intensificación desta relación pode tamén contribuír a fortalecer tanto a presenza da lingua española en Xapón como a da lingua xaponesa na USC.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.