Avelino Corma, doutor en Ciencias Químicas pola Universidade Complutense de Madrid e profesor do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Foto: USC.

Avelino Corma, doutor en Ciencias Químicas pola Universidade Complutense de Madrid e profesor do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Foto: USC.

Avelino Corma, Premio Príncipe de Asturias de Ciencias 2014, visita Santiago

O investigador Avelino Corma, Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica 2014, mantén este xoves un encontro con investigadores e estudantes do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da USC. Como parte desta visita, o venres 19 ofrecerá ademais na Facultade de Química a conferencia ‘ Deseño de materiais para catálise: desde o laboratorio á aplicación industrial’, na cal presentará os aspectos máis relevantes das súas liñas de investigación, aplicada ao estudo da catálise heteroxénea.

Avelino Corma é  doutor en Ciencias Químicas pola Universidade Complutense de Madrid e profesor do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Desenvolve desde 1990 a súa labor científica no Instituto de Tecnoloxía Química na Universitat Politècnica de València, do que é fundador, sendo un dos científicos máis destacados a nivel internacional no estudo da catálise.

Ademais do Príncipe de Asturias, foi Premio Nacional de Investigación ‘Leonardo Torres Quevedo’ (1995), o Premio Spiers Memorial 2016 da Royal Society of Chemistry  ou o Premio Novas Tecnoloxías Rei Xaime I (2000), entre outras moitas distincións. Publicou máis de 900 artigos en revistas internacionais e tres libros, e é membro do comité de edición das máis importantes revistas científicas. Ademais, é autor de máis de 100 patentes de invención, unha ducia das cales foron aplicadas industrialmente en procesos comerciais.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.