apod nasa

Charla e observación astronómica na Nave de Vidán, en Santiago

O físico Dosi Veiga comeza a súa xira de charlas sobre as mellores imaxes astronómicas do ano para a NASA

O físico e divulgador Dosi Veiga comezará este venres en Santiago a súa xira galega de charlas sobre as mellores imaxes de astronomía publicadas pola NASA no pasado ano. A primeira das citas será na Nave de Vidán de Compostela a partir das 21 horas deste venres 2. A actividade está organizada polo Clube Compostelán Vega de Astronomía, e conta tamén co apoio de Divulgacción, a Asociación Galega de Comunicadores Científicos. Ao remate da charla haberá tamén unha observación astronómica ao aire libre. Sempre e cando, claro está, as condicións climatolóxicas sexan as adecuadas e as nubes o permitan.

Veiga publica desde hai anos en galego o APOD (Astronomy Picture of the Day) e é o impulsor da iniciativa de divulgación astronómica Ceos Galegos.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.