Xoves 28 Marzo 2024

A Astrofísica, protagonista na nova NerdNite de Compostela

O café Casino de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 35) acolle o vindeiro mércores 20 de setembro, ás 21.30 horas, unha nova edición das NerdNites, o ciclo de charlas divulgativas que teñen lugar na capital galega todos os anos durante o curso académico.

Nesta ocasión, as sesións basearanse na astrofísica, coincidindo co congreso ‘Road to the stars’ organizado pola USC e o Incipit. Deste xeito estas serán as conferencias:

Publicidade

  • ’55 Cancri e, Proxima b, Trappist-1… vaia nomes que teñen’, por parte da profesora de Astronomía e Astrofísica da UVigo Ana Ulla Miguel.
  • ‘Máis aló hai dragóns’, a cargo do catedrático de Astronomía da Universidade de Valencia Vicent J.Martínez.
  • ‘Materia escura e enerxía escura, as dúas forzas misteriosas que dominan o Universo’, impartida polo profesor de Astronomía da Universidade de Victoria, en Canadá, Julio Fernando Navarro.

A asistencia é gratuíta e libre ata completar aforo.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente

Os taboleiros barrocos de Santiago: únicos en Europa, pero sen protección

Son máis de 200 e están repartidos por diversos puntos da cidade, algúns foron cimentados ou substituídos por outras pedras

Á procura do escudo do Reino de Galicia

De Compostela a Londres, Héitor Picallo debuxa o mapa dos lugares onde podemos admirar os emblemas que xurdiron na Galicia medieval.

VÍDEO | Así foi como se pudio crear a Lúa

Unha nova simulación da NASA mostra que o satélite puido formarse moito máis rápido do que se pensaba. En menos dun día tras a colisión dun obxecto do tamaño de Marte coa Terra.