Fronterasdeagua

As universidades da Coruña e Santiago publican un libro sobre as cidades portuarias atlánticas

Os servizos de publicacións das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña veñen de editar o libro “Fronteras de agua. Las ciudades portuarias y su universo cultural (siglos XIV-XXI)”, coordinado por Manuel-Reyes García Hurtado e Ofelia Rey Castelo.

Este volume xorde da idea de tratar o universo cultural dos portos atlánticos, cunha complexa materialización, xa que se entrecruzan a mobilidade das persoas, a trasfega constante dos portos, a permeabilidade dos comportamentos e dos hábitos e costumes, o luxo de saberes e destrezas, a diversidade de idiomas, os niveis culturais, as inquietudes relixiosas, as militancias políticas, etc. A documentación responde mal a moitas destas cuestións ou só en situacións de tensións motivadas por conflitos ou por controis externos. Con todo, esta dificultade é a que achega unha dose de risco e de atractivo a un ámbito temático que merecerá, sen dúbida, un esforzo investigador cada vez maior e máis imaxinativo.

Ademais da novidade do tema que desenvolve este libro, coordinado polo profesor e director do departamento de Humanidades, ten a singularidade de ser a primeira obra publicada en colaboración entre a USC e a UDC.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.