conflictos

As guerras na literatura e na arte, nun congreso internacional en Compostela

Especialistas en literatura e expresión artística de diferentes universidades de España, Brasil, Eslovenia, Estados Unidos, Italia e Portugal participan no congreso internacional ‘Guerras e conflitos sociais de onte e hoxe (Literatura e Arte)’ que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades de Santiago. Convocado polo Instituto de Ciencias da Educación (ICE), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, está presidido por Blanca-Ana Roig Rechou e Carmen Franco (USC), Ana María Porto (ICE) e Armando Requeixo (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades) e conta no seu comité organizador e científico con investigadores dunha ducia de países de todo o mundo.

A sesión inaugural correu a cargo da profesora da Universidade de Barcelona, Nora Catelli (Rosario, 1946), que falou das poéticas do relato bélico nos séculos XX e XXI. Esta intelectual arxentina exiliada en España, especialista en teoría da literatura e literatura comparada e ensaísta de prestixio, recibiu recentemente o Premio Konex ás Humanidades Arxentinas, ademais de ser colaboradora asidua en medios de prensa, como La Vanguardia, El País, o seu suplemento Babelia ou revistas literarias como Quimera. Tamén na primeira sesión participaron as profesoras da Universidade Nova Gorica (Eslovenia), Barbara Pregelj, e da Universidade de Boloña (Italia), Gloria Bazzocchi, que abordaron a tradución entre diferentes linguas de obras que tratan as guerras e os conflitos sociais.

Entre as actividades previstas para os vindeiros días cabe salientar a presenza do escritor Jordi Sierra i Fabra e do poeta Antonio García Teijeiro, que manterán un coloquio ao redor desta temática.

En total, ata o venres serán tres xornadas nas que se abordarán múltiples aspectos dunha temática, a das guerras e os conflitos sociais, que marcou e segue a marcar o devir da historia universal e da sociedade actual, polo que é máis preciso máis ca nunca reflexionar sobre as causas e consecuencias das confrontacións, en especial de cara á infancia e xuventude.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.