Antonio Martínez Ron. Foto: José Oliva / Fogonazos.

Antonio Martínez Ron. Foto: José Oliva / Fogonazos.

Conferencia de Antonio Martínez Ron en Santiago

O colectivo Escépticos no Pub celebra este venres, ás 21 horas, unha nova sesión da súas charlas divulgativas. Nesta ocasión estará no café Airas Nunes de Compostela o xornalista e divulgador científico Antonio Martínez Ron, cofundador do portal Naukas, autor do blog Fogonazos e redactor xefe de ciencia no portal VozPopuli.  Tamén acaba de publicar un novo libro, El ojo desnudo.
A súa conferencia leva por título “Ver para non crer”. Nela, segundo informan desde EEEP, “fará un percorrido pola historia da visión e o coñecemento para demostrar que o escepticismo ben entendido comeza polos nosos propios ollos”, afondando “nos rumbos perceptivos inducidos polo propio sistema visual e na forma en que os propios científicos foron vítimas destes enganos durante séculos”.

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.