STEM

Alumnos de secundaria participan nun campus científico na Universidade de Santiago

A ANPA do IES Rosalía de Castro en colaboración coa Universidade de Santiago organiza esta semana un campus científico no que estudantes de 3º e 4º da ESO participan en diversas actividades coa fin de que coñezan e traballen na contorna universitaria.

O vicerreitor de Comunicación da USC, Xosé Pereira, inaugurou esta mañá o Campus STEM na Facultade de Bioloxía, onde continuaron cun experimento sobre os microbios (cuxos resultados coñecerán o venres) e asistiron a unha charla sobre solos.

Nas seguintes xornadas participarán nunca xincana de química, nun roteiro histórico e paisaxístico pola cidade e experimentos físicos, sobre intelixencia artificial a través dos algoritmos evolutivos e sobre tratamento de augas residuais.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.