Xoves 28 Marzo 2024

Alumnos de Secundaria e Bacharelato toman a USC nos campus científicos de verán

Un ano máis, 120 estudantes de primeiro curso de bacharelato e cuarto de secundaria achéganse este mes á Universidade de Santiago para participar en distintos experimentos e actividades lúdico-educativas buscando espertar neles vocacións científicas e avivar o seu interese tanto polo estudo das ciencias como pola investigación. Trátase de favorecer a transferencia de coñecemento en talento innovador e emprendedor especialmente entre os máis novos.

Os primeiros mozos e mozas, 30 estudantes de bacharelato, chegaron este luns a Santiago. Foron recibidos no Colexio Maior Fonseca polo vicerreitor de Comunicación e Coordinación Xosé Pereira Fariña e o delegado do reitor para o Ensino Medio e coordinador desta actividade, Luis Hervella Torrón. As seguintes semanas organizaranse en quendas similares, sendo a segunda quincena para os estudantes de secundaria.

Publicidade

Nas facultades de Farmacia, Matemáticas e Física e na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, o alumnado poderá participar nos proxectos ‘A sustentabilidade do ciclo da auga: un dos retos do século XXI’, ‘Buscando as partículas máis enerxética do universo’, ‘A maxia dos hidroxeles’ e ‘ MathematiXSI: Mathematical Scene Investigation’ que dirixen respectivamente Gumersindo Feijóo Costa, Ricardo Vázquez López, Francisco Javier Otero Espinar e Mª Victoria Otero Espinar.

Campus Científicos de Verán é unha iniciativa organizada polos ministerios de Educación e de Economía e Competitividade e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) co patrocinio da Obra Social “la Caixa”. Colaboran 16 universidades con Campus de Excelencia Internacional seleccionados polo Ministerio de Educación e Cultura e Deporte conforme á valoración realizada dos mellores proxectos de achegamento científico presentados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s

Unha tese galega demostra a viabilidade de reutilizar restos vinícolas e pesqueiros no país

Antonio Cortés avaliou a sustentabilidade das estratexias de valorización de residuos orgánicos, alén de estudar a ecoeficiencia dos procesos