O galápago europeo pode desaparecer de As Gándaras
Se me permiten o xogo de palabras, isto vai ser unha “triloxía de bichería”, e xa postos a presentar en sociedade á nosa fauna local hoxe a cousa vai de galápago europeo. En todo hai categorías e graos, incluso nas especies ameazadas, e a nosa protagonista ostenta o dubidoso privilexio de ser probablemente a especie galega en maior perigo de extinción.