África González é unha das catro científicas españolas candidatas ao galardón.

África González é unha das catro científicas españolas candidatas ao galardón.

África González opta ao premio europeo ás mulleres innovadoras

A catedrática da UVigo, directora do Cinbio e fundadora da empresa Nanoimmunotech é unha das doce finalistas do galardón, que se entrega mañá en Bruxelas

A científica viguesa África González é unha das doce finalistas do premio europeo Women Innovators, que se entrega mañá en Bruxelas coincidindo co Día Internacional da Muller. González é candidata como fundadora da empresa Nanoimmunotech, empresa punteira no eido da nanotecnoloxía. Amais desta labor empresarial, tamén dirixe o Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio), que compaxina coa súa labor como catedrática de Inmunoloxía na Universidade de Vigo.

Xunto a González están nominadas outras tres científicas españolas (Gema Climent, Gemma Galdón e Isabel Trillas), ademais de candidatas de Francia, Alemaña, Reino Unido, Suecia, Italia e Bulgaria. O galardón premiará a catro mulleres, unha delas nunha nova categoría dedicada ás mozas innovadoras de menos de 30 anos e que percibirá 20.000 euros, mentres que as outras tres galardoadas recibirán 100.000, 50.000 e 30.000 euros, respectivamente.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.