Venres 29 Marzo 2024

Aberto o prazo de comunicacións ao congreso ‘Humanidades Dixitais’ da USC

Entre os días 9 e 11 de outubro terá lugar na Facultade de Filoloxía un congreso internacional que reflexionará sobre o medievalismo e as humanidades dixitais. O encontro está organizado pola Rede de Estudos Medievais Interdisciplinares que, coordinada pola catedrática da USC Mercedes Brea, aglutina grupos de investigación de distintas áreas de coñecemento de filoloxía, historia medieval e historia da arte das tres universidades galegas e o grupo do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento do CSIC.

O congreso internacional ‘Humanidades Dixitais: olladas cara á Idade Media’ está aberto a todas aquelas propostas de carácter transversal e multidisciplinar que combinen unha ou varias áreas da medievalística coas humanidades dixitais, con liñas temáticas que cobren as principais tendencias actuais como a presentación de corpora, repertorios e bases de datos ou o os métodos e ferramentas ao servizo dos estudos medievais.

Publicidade

O prazo para o envío de propostas de comunicacións e de presentación de proxectos está aberto ata o vindeiro 31 de maio. A información sobre o Congreso está dispoñible na páxina web propia, á que se incorporará a información actualizada do evento: http://www.usc.es/estmedin/hd/.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Frei Martín Sarmiento, o primeiro naturalista galego

Coincidindo coa data do seu nacemento, celébrase por primeira vez o Día do Naturalismo Galego na honra deste amante da historia natural

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

O Día do Naturalismo Galego celebrarase o 9 de marzo

É a data de nacemento do Padre Martín Sarmiento, considerado un dos primeiros naturalistas do país cunha obra con grandes achegas

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada