Sábado 20 Abril 2024

A Xunta presenta a Xacopedia, unha enciclopedia virtual do Camiño só dispoñible en castelán

A Xunta presenta a Xacopedia, unha enciclopedia virtual do Camiño só dispoñible en castelán

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou onte Xacopedia, unha enciclopedia 2.0 que recolle a cultura xacobea nun espazo web que mostra a información de maneira sinxela permitindo a interacción do usuario. Esta enciclopedia sobre o Camiño de Santiago alberga miles de entradas da A á Z, miles de fotografías e máis de 100 mapas e gráficos sobre a Ruta Xacobea. Pero xa ten as primeiras críticas, xa que só está dispoñible en castelán. A Xacopedia non ten versión en galego, malia que foi lanzada pola Xunta de Galicia. O grupo parlamentario de AGE xa presentou unha protesta e calificou de ‘insulto’ que só exista unha versión castelá.
A obra está adaptada a todos os dispositivos e conta coa colaboración de destacados especialistas internacionais do Camiño de Santiago. Durante a súa presentación, a directora de Turismo de Galicia destacou que o feito de promover e potenciar a investigación e o afondamento nas raíces do Camiño de Santiago repercute moi notablemente na súa conservación e na súa posta en valor. A responsable de Turismo da Xunta explicou que esta é unha das iniciativas incluídas no Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago na súa liña estratéxica dedicada á investigación, comunicación e divulgación do Camiño e da Cultura Xacobea.
Máis información no seguinte enlace:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:03:30

I de ‘Inventio’: como o descubrimento da tumba do Apóstolo fixo marca Galicia

A partir do século IX Santiago de Compostela converteuse nun centro europeo económico e relixioso clave pola peregrinación xacobea
00:03:49

F de Fala: as palabras que nos sosteñen

'Veiga', 'laverca' e 'Rábade' son palabras que herdamos de linguas perromanas, xermanas e árabes e que hoxe forman parte do léxico galego
00:03:09

A de Afonso VIII: o rei que morreu facendo o Camiño

O último monarca da Galicia Altomedieval refundou a cidade da Coruña, inaugurou o corpo románico da catedral e convocou as primeiras cortes de Europa

Unha campaña de doazón de voz recollerá as variedades fonéticas e dialectais de Galicia

O obxectivo é acadar as máis de 1.000 horas de gravación precisas para que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas