Martes 23 Abril 2024

A UVigo impulsa un proxecto para concienciar aos escolares sobre océanos e cambio climático

Crear diferente material didáctico multilingüe co que concienciar á mocidade da importancia da investigación sobre os impactos e a mitigación do cambio climático nos océanos. Este é o obxectivo que teñen por diante un grupo de científicos e docentes de España, Portugal, Gran Bretaña e Polonia, os sete socios que forman parte do proxecto Educo2Cean-STS (Education models to transmit to society the challenge of global change in the ocean) financiado pola Unión Europea con 250.000 euros e dos que o Campus do Mar é o socio español xunto aos institutos de ensino secundario Ribeira do Louro de Porriño e o Virxe do Mar de Noia.

Coordinado pola Asociación Portuguesa de Educación Ambiental, esta semana tivo lugar no Porriño e Vigo a reunión de lanzamento do proxecto, un encontro no que, ademais de coñecerse persoalmente, socios e socias tiveron a oportunidade de ir deseñando as diferentes accións que se van levar a cabo e establecendo un calendario de actuacións. Deulles a benvida o vicerreitor de Relacións Internacionais e Extensión Universitaria, Manuel Fernández Iglesias, que fixo fincapé na importancia de que dende Europa se faga ese “esforzo de concienciación” da xuventude nun tema “clave” para futuro da sociedade, “sobre todo co recente triunfo electoral de Donald Trump en Estados Unidos, vitoria que nos leva a pensar que o cambio climático vai sufrir ataques evidentes”.

Publicidade

O principal labor das científicas e científicos do Campus do Mar, ademais de coordinar o grupo de comunicación e difusión, céntrase en identificar información relevante sobre o cambio climático, datos que serán empregados para xerar contidos cos que ilustrar o proceso do cambio climático nas clases de secundaria. “En definitiva trátase de crear modelos educativos que trasladen o coñecemento xerado nas universidades ás aulas dos institutos”, recalcou o vicerreitor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático

A lamprea, en caída libre en Galicia: de 23.000 quilos capturados a 3.000 en dez anos

O catedrático da USC Fernando Cobo apunta que a presión pesqueira e a captación de auga ilegal fomentan a diminución de especies

A praia de Barra agocha unha aldea soterrada: un cambio climático invadiu todo de area hai 500 anos

Unha investigación publicada por Andrés Pino analiza o impacto social e económico da Pequena Idade do Xeo no asentamento de Cangas