A UVigo doa equipos informáticos reciclados a entidades sen ánimo de lucro

A UVigo doa equipos informáticos reciclados a entidades sen ánimo de lucro

Agrupacións musicais, asociacións culturais, deportivas, de estudantes, de pacientes dunha determinada doenza… así ata 35 entidades sen ánimo de lucro recibiron o curso pasado ordenadores, pantallas, discos duros, impresoras… material informático en desuso nas aulas e oficinas universitarias que, tras pasar polas mans do Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade, optará así a unha nova vida na que axudará a estas asociacións a resolver as súas necesidades específicas de equipamento informático, sen custe algún e co asesoramento de profesionais no referente á instalación e funcionamento dos programas de software libre instalados nos equipos.

As entidades interesadas que aínda non presentaron a solicitude –a convocatoria lanzouse o pasado día 1- teñen de prazo ata o vindeiro mércores día 30 e poden facelo tanto no Rexistro Xeral da Universidade como en calquera dos rexistros auxiliares de Vigo, Ourense e Pontevedra.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.