claustro uvigo

A UVigo deseña un plan para acoller alumnado e profesorado sirio refuxiado

A UVigo deseña un plan para acoller alumnado e profesorado sirio refuxiado

Activar as diferentes medidas e ferramentas das que dispón a Universidade de Vigo para acoller e integrar ao alumnado e ao profesorado universitario que o conflicto sirio está a converter en refuxiados e refuxiadas é o propósito principal do plan de actuación e acollida que o Claustro da institución académica aprobou na sesión que, por primeira vez na súa historia, se celebrou no campus de Pontevedra.

“A Universidade de Vigo non pode permanecer indiferente ante o drama dos refuxiados ao que asistimos nos últimos meses”, saliéntase no plan de actuación e acollida de alumnado e docentes refuxiados ao que o Claustro deu o seu visto e prace e que foi elaborado “seguindo as directrices” fixadas pola Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE). Así o salientou o vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais, Manuel Fernández, responsable de presentar un proxecto elaborado conxuntamente coa Vicerreitoría de Estudantes e que implica “un compromiso coa súa integración académica”, habilitando que unha serie de medidas xa existentes na institución académica sexan tamén accesibles para os refuxiados e refuxiadas.

Con ese propósito, o plan contempla medidas como a concesión “dunha axuda de estudos das mesmas características” que as que a institución outorga a estudantes en situacións de dificultades económicas sobrevidas, así como bolsas de comedor e axudas de aloxamento, tamén nas mesmas condicións que as convocadas pola institución, segundo explicou Fernández, que apuntou que o plan tamén prevé facilitar a inmersión lingüística dos estudantes refuxiados de xeito gratuíto coa colaboración da Área de Normalización Lingüística e do Centro de Linguas, así como proporcionarlles asistencia psicopedagóxica. Así mesmo, prevé tamén “a creación dun programa de voluntariado específico, con recoñecemento de créditos, baseado na implantación da figura do estudante-guía”, que se encargará de axudar aos refuxiados e refuxiadas nos distintos trámites que deban realizar, así como de “darlles apoio en todo o que precisen para a súa integración”.

Máis información no seguinte enlace:

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.