Xoves 28 Marzo 2024

A UVigo celebra un curso de Enxeñería conxunto con Carolina do Norte

O campus de Vigo acolle durante esta semana a primeira edición da escola de verán Sustainable energy & intelligent environments. Enabling technologies organizada conxuntamente polo Department of Electrical and Computer Engineering de North Carolina State University (EEUU) e pola  Escola de Enxeñería Industrial da Universidade. Esta iniciativa está especialmente orientada a estudantes do Mestrado en Enxeñería Industrial, preferentemente alumnos procedentes dos Graos en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Enxeñería Electrónica Industrial e Automática e Enxeñería Eléctrica.

Como explica o profesor Juan José Rodríguez Andina, que coordina esta actividade xunto coa subdirectora do centro, Cristina Trillo, trátase de afondar no papel que teñen a enxeñería, a electrónica e as tecnoloxías para facer posible o desenvolvemento dos sistemas intelixentes do futuro. “O obxectivo desta escola de verán é proporcionar aos estudantes unha formación complementaria en temas de gran relevancia tecnolóxica na actualidade, aproveitando con este fin a posibilidade de contar con expertos de ambas institucións e, grazas a isto, facelo dende unha perspectiva internacional”. Deste xeito, ao longo de catro xornadas abordaranse diferentes temas relacionados con enerxía sustentable e contornas intelixentes, facendo fincapé nas novas tecnoloxías que permiten estas dúas realidades.

Publicidade

Máis información no seguinte enlace:

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=11458&Itemid=43

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“O ingreso de mulleres nas carreiras de enxeñería está en declive”

Soledad Torres Guijarro, profesora na UVigo, investiga na actualidade a contaminación acústica nos ecosistemas submarinos e como reducila

O profesor Rodríguez Andina, premiado polo Institute of Electrical and Electronic Engineers

A entidade está considerada a maior asociación profesional tecnolóxica mundial e conta con máis de 400.000 membros en todo o planeta

O ‘Top 10’ da enxeñería en Galicia

Da ponte de Rande á Torre de Hércules ou a muralla de Lugo, o enxeñeiro Héctor Presas repasa nesta reportaxe as 10 obras capitais da enxeñaría no país

Egatel, a innovación como forma de vida

A empresa ourensá compite nos cinco continentes grazas á súa aposta pola I+D dende o seu nacemento