Xoves 25 Abril 2024

A USC rende tributo ao historiador John Williams cun seminario internacional

A Universidade de Santiago de Compostela homenaxeará ao historiador John Williams o vindeiro luns día 6, coincidindo co cabodano da súa morte, coa celebración dun seminario internacional. É unha iniciativa que promove o grupo de innovación docente en Ciencias do Patrimonio Artístico e Escrito e seminario de formación Incipit, que integran docentes das facultades de Filoloxía e de Xeografía e Historia. A sesión matinal, a partir das 9.30 horas, celebrarase no Paraninfo da Universidade na Facultade de Xeografía e Historia e continuará pola tarde na Aula 10 do mesmo centro.

Co lema ‘Factum est silentium?’ o acordo lembra ao que está considerado como un dos grandes especialistas en manuscritos medievais e hispanistas de recoñecemento universal polas súas achegas á historia da arte española. As publicacións científicas que máis teñen contribuído á súa consideración como hispanista de renome céntranse nos manuscritos iluminados do Comentarios ao Apocalipsis de Beato de Liébana. Ademais de numerosos facsímiles e artigos sobre os Beatos, a serie de cinco volumes publicados por Harvey Miller/Brepols The Illustrated Apocalypse: A Corpus of the Illustrations of the Commentary on the Apocalypse (1994-2003)conforman, en opinión dos expertos, un legado permanente para futuras xeracións de historiadores/as da arte.

Publicidade

John Williams (1928-2015) era profesor da Universidade de Pittsburgh e visitou a USC en diversas ocasións e ata o seu falecemento foi membro do comité científico da revista Quintana. Con esta xornada homenaxe, na que se darán cita profesorado,  persoal investigador e outros profesionais amigos de John Williams, o grupo Incipit pretende manter viva a súa memoria e dar a coñecer a súa figura e o seu legado entre alumnado e doutorandos/as interesados nas súa liñas de investigación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844