Xoves 18 Abril 2024

A USC investigará sobre a vespa velutina con financiamento da Deputación da Coruña

Un dos casos máis representativos da chegada a Galicia de especies exóticas invasoras é o do avespón asiático ou avespa negra (Avespa velutina ssp. nigrithorax), introducida en Europa cara ao ano 2004 e que desde entón se foi asentando por toda a cornixa cantábrica e atlántica. Na provincia da Coruña, a progresiva colonización territorial desta especie supón un risco para o medio ambiente, para a actividade agrícola e, de maneira moi importante, para a produción apícola e de froita.

Diante desta problemática,o reitor da USC Juan Viaño e o presidente da Deputación, Valentín Gonzalez, asinaron un convenio de colaboración para que un equipo da institución compostelá realice este ano un traballo de investigación que servirá de base para o desenvolvemento dunha estratexia conxunta interprovincial que implique a todos os actores interesados na loita contra esta especie invasora.

Publicidade

Dende a súa experiencia investigadora na materia, o plan de actuación do equipo da USC articularase en torno a cinco eixos principais, como son as novas alternativas de loita biolóxica, concretamente a opción de control da praga mediante a inoculación de parasitos autóctonos; o estudo da distribución xeográfica da praga en Galicia; o desenvolvemento, obtención e testaxe dun biocida específico para a loita contra a avespa velutina; o establecemento de criterios para avaliar o impacto económico e social da praga; e a coordinación das colaboracións entre os diferentes actores implicados na loita conta esta especie invasora, entre outras a Asociación Galega de Apicultura-AGA.

Por outra banda, ambas as dúas institucións acordaron hoxe tamén continuar coa colaboración establecida en 2006 para a edición da Revista Facenda Pública Urbana (Urban Public Economics Review), unha publicación especializada en políticas de xestión de carácter local e facendas locais.

En particular, a deputación financiará os números 21 e 22 da revista, de carácter semestral e dirixida polo director do Departamento de Economía Aplicada da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, Luis Caramés Viéitez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

GCiencia lanza un proxecto audiovisual para divulgar a historia do Reino de Galicia

A iniciativa, seleccionada pola área de Cultura da Deputación da Coruña, ofrecerá contidos escritos e audiovisuais en YouTube e TikTok

O futuro do río Anllóns: sensorizado e sen flora invasora

A Deputación de Coruña prevé a boa conservación da súa contorna co control e análise da súas augas e a eliminación de especies impropias da zona

A Vía Verde de Compostela recupera o pasado das estacións ferroviariais

A Deputación de Coruña impulsa a recuperación do patrimonio industrial espallado ao longo da ruta a través da realidade virtual

Fogóns de Anllóns: unha marca propia coa gastronomía local en primeira liña

A Deputación da Coruña pretende potenciar a cociña propia a través dun selo para os restaurantes dos concellos que percorre o río