Venres 29 Marzo 2024

A USC inicia o seu mes de Cervantes cunha conferencia sobre El Quijote

A conferencia ‘El Quijote como libro’, do profesor Luis Iglesias Feijoo, abriu este luns 3 o programa de actividades do Mes de Cervantes e Shakespeare en Filoloxía, un ciclo co que a Facultade compostelá quere contribuír a conmemorar o centenario da morte dos dous autores. A iniciativa busca estender a actividade cultural da Facultade de Filoloxía compostelá máis alá das súas propias paredes e poder compartila con todo o público interesado e a cidade. O ciclo desenvolverase ao longo de outubro procurando salientar os vínculos artísticos ou históricos entre ambos escritores.

Na conferencia inaugural, Luis Iglesias Feijoo introduciu ao numero grupo de estudantes presentes na imprenta de Juan de la Cuesta para explicar como se xestou a realidade material de El Quijote como libro. Nun ameno repaso polos distintos aspectos que compoñen a primeira parte da obra, o profesor Iglesias explicou as particularidades do libro, as súas interpretacións e o seu éxito comercial. A xornada deste luns 3 incluíu tamén unha presentación de sesións de traballo aberta a partir de textos dos dous autores no marco do Café de Linguas que organiza o Centro de Linguas Modernas da USC.

Publicidade

O conferenciante, Luis Iglesias.
O conferenciante, Luis Iglesias.

A Guerra das Rosas e a mitoloxía de Ricardo III son os temas que abordará en senllos seminarios (4 e 5 de outubro, respectivamente) o profesor Ashdown-Hill. Tamén está prevista o martes 4 ás 17.00 horas en Filoloxía unha lectura dramatizada co lema ‘Os personaxes femininos de El Quijote’. Ademais a Compañía Nelson Quinteiro Cabaret  realizará unha residencia artística e un laboratorio de creación escénica arredor das obras poéticas de Shakespeare e Cervantes e que terá a súa correspondente posta en escena o 6 de outubro ás 19.00 horas na Facultade.

O programa continuará cunha lectura dramatizada do acto IV de Ricardo III o día 11 e coa conferencia o día 17 do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, titulada ‘ Quixotismo e palomequismo’. Ao día seguinte haberá oportunidade de participar na clase aberta da profesora M. Carmen Losada e no seminario de Berta Secall, incluído como actividade de formación do programa de doutoramento en Estudos da Literatura e da Cultura, que aborda a relación da danza na obras dos dous autores homenaxeados.

Xa o día 20 está prevista unha xornada de grupos de investigación do Departamento de Lingua e Literatura Inglesa sobre a época e Shakespeare, mentres que o día 24 o director da Real Academia da Lingua, o catedrático da USC Darío Villanueva, pronuncia a conferencia ‘El Quijote e o dinamismo das imaxes’ e o 25 haberá no vestíbulo da Facultade de Filoloxía a lectura pública ‘Shakespeare & Company’.

A danza protagonizará a sesión do día 26 cunha performance polo corredores da Facultade e cunha clase dedicada aos autores. A conferencia do profesor da Universidade de Huelva Zenón Luis titulada ‘Cardenio, o la memoria de Shakespeare’ porán o broche ao ciclo de actividades o día 27.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s

Unha tese galega demostra a viabilidade de reutilizar restos vinícolas e pesqueiros no país

Antonio Cortés avaliou a sustentabilidade das estratexias de valorización de residuos orgánicos, alén de estudar a ecoeficiencia dos procesos