Martes 16 Abril 2024

A USC participa nun plan europeo para promocionar carreiras técnicas entre as mulleres

Na recente conferencia Digital Festival 2016 organizada en Bruxelas polo Forum Europe, o comisario europeo de Educación, Cultura e Deportes, Tibor Navracsics, mencionou o proxecto  educativo ICT-Go-Girls! no que colabora a USC como un exemplo destacado no fomento das vocacións tecnolóxicas entre as chicas.

ICT-Go-Girls! Promoting Entrepreneurship Among Secondary School Girls through ICT é un innovador proxecto Comenius Multilateral dirixido pola área de e-learning do CESGA e no que participou o Grupo de Investigación en Tecnoloxía Educativa da USC xunto con outras cinco institucións europeas: Die Berater e Universidade do Danubio (Austria), Fraunhoffer IAO (Alemaña), Spoleczna Akademia Nauk (Polonia), e CVO Antwerpen (Bélgica).

Publicidade

O equipo da USC liderado polas profesoras Beatriz Cebreiro e Carmen F. Morante desenvolveu unha metodoloxía educativa para levar a cabo nas aulas dos primeiros anos de educación secundaria que permite traballar de xeito máis motivador as TIC e lograr un maior interese e coñecemento na elección de carreiras tecnolóxicas por parte das alumnas de secundaria. Como ferramenta fundamental para o desenvolvemento desta metodoloxía, o CESGA deseñou e implementou unha contorna virtual social baseado en software libre a través da cal se testou a proposta. Ambos recursos están dispoñibles no web do proxecto.

A USC e o Cesga continúan promocionando e participando en accións para motivar a elección de carreiras tecnolóxicas entre as máis novas. Entre outras  actividades figura a organización anual do evento ‘Girls in ICT’ en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e o CPEIG ou a recente proposta ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’ en colaboración co Concello de Santiago.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A elección dunha muller para o Nobel de Química altera a tendencia a premiar investigacións masculinas

O 50% das científicas galardoadas dende 1901 recibiron o recoñecemento nos últimos 20 anos

Por que as mulleres están sobremedicadas e como remedialo

A saúde mental mellora cando reciben ferramentas para afrontar as dificultades da cotiandade, que serven para abordar síntomas somáticos sen causa orgánica

“Vai evitar sufrimento, morte e enfermidade”: os motivos para o optimismo co novo Paxlovid

O tratamento oral contra a covid autorizado por Bruxelas reduce un 89% as hospitalizacións e provoca unha caída importante da mortalidade

As mulleres volven liderar as iniciativas emprendedoras en Galicia

Un informe conclúe que só o 20% percibían oportunidades, fronte ao 33% dos homes, durante a crise ocasionada polo coronavirus