Xoves 28 Marzo 2024

A USC colabora na mostra 'Galicia Máxica 1965-68' con fotos etnográficas de Gustav Henningsen

O etnógrafo dinamarqués Gustav Henningsen percorreu na década dos 60 do pasado século varias aldeas e vilas galegas fotografando e realizando entrevistas sobre ritos de maxia e curación. En 2009 o profesor doou todo o material (máis de 150 horas de gravacións) ao Instituto da Lingua Galega da USC (ILG), que comezou un proxecto de investigación dirixido por Xulio Sousa que ten como finalidade a elaboración dun corpus de textos orais en galego e en castelán a partir de materiais sonoros obtidos en Galicia entre 1964 e 1967.
Os rexistros corresponden a un traballo de investigación sobre crenzas tradicionais, especialmente sobre meigas e endemoñados, que subvencionaran a Universidade de Copenhague e o Consello Danés de Investigacións Científicas. As gravacións doadas polo profesor Henningsen, unha vez transcritas e procesadas, foron utilizadas polos investigadores do ILG para realizar distintas investigacións lingüísticas, entre elas o devandito proxecto Transcrición dos textos orais do arquivo etnográfico do profesor Gustav Henningsen.
Parte deses materiais forman parte da exposición ‘Galicia Máxica. Reportaxe dun mundo desaparecido. Gustav Henningsen. Fotografías etnográficas 1965-1968’ que se inaugura este xoves 26 ás 19:30 horas no Museo do Pobo Galego, un acto ao que asistirá o propio  Gustav Henningsen.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así varía a posición do Sol ao longo dun ano

As fotografías de David Couce permiten observar como o astro muda o lugar polo que se oculta en función do mes no que observemos o atardecer

Seis imaxes que cambiaron a historia da ciencia

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de O ser humano empregou primeiro o debuxo e...

Morre Gustav Henningsen, o antropólogo danés que retratou Galicia nos anos 60

Un dos seus traballos máis coñecidos foi a documentación gráfica e sonora dos exorcismos no santuario do Corpiño, en Lalín

Así eran os exorcismos en Galicia: os arrepiantes audios dos ‘posuídos polo demo’

O antropólogo danés Gustav Henningsen rexistrou durante tres anos como se exorcizaba na década dos 60 no santuario do Corpiño